A queimada galega é unha bebida feita a base de auga ardente, grans de café, zucre branca e mondas de limón. É imprescindible ter un recipiente de barro pra facela. Engadimos nel os ingredentes, prendémola lume e cun cazo tamén de barro o outro calqueira, removémolos ben, moi lentamente ata que xa remate de consumirse a zucre por completo. Mentres se remove é cando comeza o ritual de recitalo conxuro.
O conxuro, hai que recitalo ó mesmo tempo que se vai facendo a brebaxe. Sen dúbida, o mellor método pra purificala nosa ialma e combatilo mal de ollo, xa sabedes... "Meigas fora" ; )
Si, si... Nos sempre coas nosas cousas, lendas e supersticións, pero cavilade que iso é o máis fermoso da nosa terra, tódalas historias que podemos contarvos. Polo menos eu penso así, claro que eu son unha adicta dos misterios.
A primeira vez que os meus beizos rozaron unha cunquiña de barro rechea desta máxica e purificadora bebida quente, bebida que deixa certo sabor tostado na lingua e que percorreu a miña gorxa como fogo ardente, tiña uns dezaoito anos e se non lembro mal, foi unha fermosa noite de verán, do mes de xullo, no camping de Cobas "As Cabazas"...
¿Se gustoume? Noooon, que va... Pois claro! Como diría o noso colega Arguiñano "rico, rico" ; ) Por suposto recomendoa, e creo que o mellor día pra bebela é a noite San Xoan, ainda que se cadra, calqueira día é bo, conste. ; )
A continuación déixovos o famoso conxuro que sempre que o leo non podo evitala miña pel de galiña...
Moitos Bicos e a disfrutar por sempre da nosa máxica queimada!
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.
0 comentarios:
Publicar un comentario