miércoles, 28 de julio de 2010

AS FRAGAS DO EUME


Conta unha antiga lenda galega que cando Deus creou os tres ríos (Eume, Landro e Masma) que nacen na serra de O Xistral, prometéulles un home por ano a aquel dos tres que fora capaz de chegar primeiro ó mar. Traizoado polos outros dous que o deixaron durmindo, o río Eume tivo que cruzar lares e montes para ganarlles. É por iso o Eume converteuse nun río salvaxe e agrestre, escondido entre a frondosidade do bosque. E antes da aparición dos embalses no seu cauce, tamén se levaba con el a un home por ano...

 As fragas do Eume é un ecosistema único no continente europeo. O río Eume ten unha lonxitude de 84 kilómetros e nas súas veiras, medra a maior e máis rica extensión de árbores autóctonas da terra.

O bosque atlántico, chamado así debido á proximidade có mar e a grande profundidade das ribeiras do río, foi convertido en Parque Natural o 30 de xullo do ano 1997. Despois de ser explotado pola súa riqueza e fertilidade, tempo atrás.

Agora, por sorte para nós, as Fragas do Eume son un espazo protexido pero que pódese visitar cando un queira. Camiñar polos seus sendeiros, envolvéndonos co verdor da flora e desfrutar da natureza no seu estado máis puro.

Declarado Lugar de Importancia Comunitaria”. O Parque é un dos mellores bosques termófilos (organismos vivos que poden soportar condicións extremas de temperaturas moi altas) . Na actualidade é propiedade da Deputación Provincial da Coruña.

Ó longo de cinco concellos, Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez; exténdense as máis de 9126 hectáreas de macizos forestáis. Nas terras que están máis preto do río medran os bosques de ribeira de chopos e ameneiros que ocultan tesouros como os felgos ou o musgo, especies en perigo de extinción. Raros narcisos e bosques de carballos (a árbore máis característica da Fraga).

O longo das fragas tamén se atopan vestixos da vida humana como cruceiros, pontes, ermidas e os Mosteiros medieváis de Caveiro (ano 934) e Monfero (ano 1134)

A fauna deste máxico lugar é tamén moi abundante e variada. Podemos atopar dende curuxas, mouchos e falcóns, pasando por armiños, corzos, raposos, xabaríns e cervos. Ata gatos monteses, lobos e a presenza na zona do temido oso pardo...

Entre os invertebrados destacan entre outros, os caracóis, a caramecha de río, o escarabello dourado, e a vacaloura tamén coñecida como “o escornabois”.
 
E se nos adentramos nas frías e cristalinas augas do río, atoparémonos có mexilón de río, o reo ou a troita que posúen nestas augas o seu mellor hábitat...

Dos homes depende agora coidar este tesouro da Nai Natureza para que as nosas xeracións venideiras poidan tamén desfrutar das nosas Fragas do Eume.

1 comentarios:

Little Bastard dijo...

É un lugar fermosisimo. O monte, o rio, poder pasear ó aire libre en unha sensacion moi reconfortante. Recomendolle a todo aquel que non o vira que non perda a oportunidade, e se vai ven acompañado moito mellor ;) . Eso si, preparadevos para camiñar moito