lunes, 26 de julio de 2010

O Castelo de Moeche


Onte foi día de paseo co meu mozo e a miña rapaza e ¿ a que non adiviñades onde estivemos? Pois si, nun fermoso castelo dos moitos que temos preto da nosa terriña máxica. Visitamos o castelo de Moeche.  Ademáis... como dicilo... Eu teño unha fixación especial por estes lugares; dende ben pequena atráenme dabondo os castelos, mosteiros e demáis vestixios de todo o que teña que ver coa historia e a época medieval : )


Este castelo, data do século XIV e pertenceu a familia dos Andrade, señores feudales por aqueles tempos do medievo. Na actualidade a fortificación foi reconstruída e pertence á  Casa de Alba e a su vez éstes teñeno cedido ó concello de Moeche.

A torre da homenaxe ten unha altura de dezaoito metros e foi construída cunha planta cuadrada. O foso que rodea tódala construcción realmente é impresionante ao ollalo dende arriba.


Esta fortaleza de pedra, foi a testemuña da Primeira revolta Irmandiña capitaneada polo fidalgo Roi Xordo que ía na busca do señor feudal Don Nuño Freire de Andrade que fuxiu co seu séquito ó castelo que posuía na vila de Pontedeume pra poñerse a salvo dos tres mil sublevados que loitaban na contra da súa tiranía. Por aquel entón unha parte da fortaleza foi  derruída sen piedade, corría o ano 1431...

1 comentarios:

Little Bastard dijo...

A visita foi xenial, ademais deixaronos liberdade pra andar por todo o castelo. Moito máis comodo velo asi, se xa coñeces a historia, se non, mellor con guia.