Tres son as Illas Aran, ubicadas na desembocadura da bahía de Galway, Irlanda. De maior a menor tamaño, os seus nomes son Inishmore, Inishmaan e Inisheer.
Contan as lendas gaélicas que nunha de estas illas, existía un pozo máxico de auga rica en propiedades sanadoras e obradoiras, curativas e milagrosas... As xentes da época acudían ata alí na búsqueda dunha solución para os seus males ou simplemente para pedir desexos imposibles...
O músico galego Carlos Nuñez adicóulle unha canción ó pozo que se atópa nunha destas tres illas... "El Pozo de Aran" onde narra a emocionante historia do amor dunha nai polo seu fillo cego, que consume o último cartucho de espranza para que o pequeno poida recupera-la vista.
Unha noite escura, a muller soña co pozo máxico. A nai tomou aquel soño coma unha premonición e decide levar ó pequeno rapaz a visitar as Illas Aran...
0 comentarios:
Publicar un comentario