Madredeus é un grupo musical de orixe e raíces portuguesas fundado por dous amigos (Pedro e Rodrigo) alá polo ano 1985.
Aínda que eles pertencían e tocaban noutros grupos diferentes, Pedro e Rodrigo, xuntáronse en busca de atopar novos sons e expresións tanto musicáis como artísticas. Co tempo uniríanse ó grupo dous amigos máis, Gabriel (ao acordeón) e Francisco (violonchelista cunha gran capacidade vocal).
Pero á formación faltáballe algo importante, unha especie de elemento inspirador ou un toque máxico. Cansos de non atopar nada, certo día decidiron descansar nunha taberna do Barrio Alto de Lisboa e alí foi onde, casualidades da vida, atoparon ese toqueciño de maxia.
A fermosa voz da xove Teresa Salgueiro que por aquel entón soamente contaba con 17 anos de idade.