domingo, 5 de septiembre de 2010

Tributo a ROSALIA DE CASTRO "Cantares Galegos"

  V
Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.
ROSALIA DE CASTRO "De Cantares Galegos" 



miércoles, 11 de agosto de 2010

Madredeus... "Ao Longe O Mar"


Madredeus é un grupo musical de orixe e raíces portuguesas fundado por dous amigos (Pedro e Rodrigo) alá polo ano 1985. 

Aínda que eles pertencían e tocaban noutros grupos diferentes, Pedro e Rodrigo, xuntáronse en busca de atopar novos sons e expresións tanto musicáis como artísticas. Co tempo uniríanse ó grupo dous amigos máis, Gabriel (ao acordeón) e Francisco (violonchelista cunha gran capacidade vocal).

Pero á formación faltáballe algo importante, unha especie de elemento inspirador ou un toque máxico. Cansos de non atopar nada, certo día decidiron descansar nunha taberna do Barrio Alto de Lisboa e alí foi onde, casualidades da vida,  atoparon ese toqueciño de maxia.

A fermosa voz da xove Teresa Salgueiro que por aquel entón soamente contaba con 17 anos de idade. 

lunes, 2 de agosto de 2010

GWENDAL

 
Gwendal é un grupo de música celta de orixe francés formado no ano 1972.  O seu primeiro album titulado "Irish Jig" saíu ó mercado dous anos máis tarde e foi un gran éxito.

"An Dro Nevez" é un dos moitos temazos desta banda con influencias moi variadas, dende a música tracional irlandesa, ata o Rock, pasando polo Jazz ou a música clásica. Aínda que meu tema preferido é "Rainy Day" que cousas! Co pouco que me gusta a choiva : )

sábado, 31 de julio de 2010

O Pozo de Arán.


Tres son as Illas Aran, ubicadas na desembocadura da bahía de Galway, Irlanda. De maior a menor tamaño, os seus nomes son Inishmore, Inishmaan e Inisheer.

 Contan as lendas gaélicas que nunha de estas illas, existía un pozo máxico de auga rica en  propiedades sanadoras e obradoiras, curativas e milagrosas... As xentes da época acudían ata alí na búsqueda dunha solución para os seus males ou simplemente para pedir desexos imposibles...

O músico galego Carlos Nuñez adicóulle unha canción ó pozo que se atópa nunha destas tres illas... "El Pozo de Aran" onde narra a emocionante historia do amor dunha nai polo seu fillo cego, que consume o último cartucho de espranza para que o pequeno poida recupera-la vista. 

Unha noite escura, a muller soña co pozo máxico. A nai tomou aquel soño coma unha premonición e decide levar ó pequeno rapaz a visitar as Illas Aran...

jueves, 29 de julio de 2010

AS PORTAS DO ATLÁNTICO

miércoles, 28 de julio de 2010

AS FRAGAS DO EUME


Conta unha antiga lenda galega que cando Deus creou os tres ríos (Eume, Landro e Masma) que nacen na serra de O Xistral, prometéulles un home por ano a aquel dos tres que fora capaz de chegar primeiro ó mar. Traizoado polos outros dous que o deixaron durmindo, o río Eume tivo que cruzar lares e montes para ganarlles. É por iso o Eume converteuse nun río salvaxe e agrestre, escondido entre a frondosidade do bosque. E antes da aparición dos embalses no seu cauce, tamén se levaba con el a un home por ano...

 As fragas do Eume é un ecosistema único no continente europeo. O río Eume ten unha lonxitude de 84 kilómetros e nas súas veiras, medra a maior e máis rica extensión de árbores autóctonas da terra.

O bosque atlántico, chamado así debido á proximidade có mar e a grande profundidade das ribeiras do río, foi convertido en Parque Natural o 30 de xullo do ano 1997. Despois de ser explotado pola súa riqueza e fertilidade, tempo atrás.

Agora, por sorte para nós, as Fragas do Eume son un espazo protexido pero que pódese visitar cando un queira. Camiñar polos seus sendeiros, envolvéndonos co verdor da flora e desfrutar da natureza no seu estado máis puro.

Declarado Lugar de Importancia Comunitaria”. O Parque é un dos mellores bosques termófilos (organismos vivos que poden soportar condicións extremas de temperaturas moi altas) . Na actualidade é propiedade da Deputación Provincial da Coruña.

Ó longo de cinco concellos, Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez; exténdense as máis de 9126 hectáreas de macizos forestáis. Nas terras que están máis preto do río medran os bosques de ribeira de chopos e ameneiros que ocultan tesouros como os felgos ou o musgo, especies en perigo de extinción. Raros narcisos e bosques de carballos (a árbore máis característica da Fraga).

O longo das fragas tamén se atopan vestixos da vida humana como cruceiros, pontes, ermidas e os Mosteiros medieváis de Caveiro (ano 934) e Monfero (ano 1134)

A fauna deste máxico lugar é tamén moi abundante e variada. Podemos atopar dende curuxas, mouchos e falcóns, pasando por armiños, corzos, raposos, xabaríns e cervos. Ata gatos monteses, lobos e a presenza na zona do temido oso pardo...

Entre os invertebrados destacan entre outros, os caracóis, a caramecha de río, o escarabello dourado, e a vacaloura tamén coñecida como “o escornabois”.
 
E se nos adentramos nas frías e cristalinas augas do río, atoparémonos có mexilón de río, o reo ou a troita que posúen nestas augas o seu mellor hábitat...

Dos homes depende agora coidar este tesouro da Nai Natureza para que as nosas xeracións venideiras poidan tamén desfrutar das nosas Fragas do Eume.

MILLADOIRO "Gallaecia Fulget"