domingo, 2 de mayo de 2010

"No día da Nai"


Aínda que a miña nai fai xa once anos que está no ceo, na outra dimensión  ou coma queirades chamarlle, hoxe, primeiro domingo do mes de maio, no "Día da Nai" quero adicar unha entrada especial a tódalas mamás do mundo, especialmente ás galegas. E por suposto, incluíndome a min que tamén son unha delas! ;)

Feliz día Nais!

Miña Nai - Luar na Lubre
Miña nai, miña naiciña
Como a miña nai ningunha
Que me quentou a cariña
Co calorciño da súa.
Co calorciño da súa
Ai la le lo ai la la la.

jueves, 29 de abril de 2010

17 de maio de 2010... Homenaxe a Uxío Novoneyra.


17 de maio de 2010... Uxío Novoneyra. ( Parada de Moreda, Courel, 19 de enero de 1930- Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1999)

Eu non coñecía a obra deste mestre das letras da nosa lingua (mal!  moi mal, Keliña!)
Por iso ésta é unha das cousas pola que gústame celebrar un día tan especial para a literatura galega, porque as veces, escritores da terra pasan desapercibidos, camuflados entre tantos e tantos autores sen que nos demos de conta.
 A súa "Letanía de Galicia" pon os pelos de punta! Bicos pra tod@s e Feliz Día das Letras Galegas!!

domingo, 25 de abril de 2010

QUEIMADA GALEGA


A queimada galega é unha bebida feita a base de auga ardente, grans de café, zucre branca e mondas de limón. É imprescindible ter un recipiente de barro pra facela.  Engadimos nel  os ingredentes, prendémola lume e cun cazo tamén de barro o outro calqueira,  removémolos ben, moi lentamente ata que xa remate de consumirse a zucre por completo. Mentres se remove é cando comeza o ritual de recitalo conxuro. 

O conxuro, hai que recitalo ó mesmo tempo que se vai facendo a brebaxe.  Sen dúbida, o mellor método pra purificala nosa ialma e combatilo mal de ollo, xa sabedes... "Meigas fora" ; ) 

Si, si... Nos sempre coas nosas cousas, lendas e supersticións, pero cavilade que iso é o máis fermoso da nosa terra, tódalas historias que podemos contarvos. Polo menos eu penso así, claro que eu son unha adicta dos misterios.

A primeira vez que os meus beizos rozaron unha cunquiña de barro rechea desta máxica e purificadora bebida quente, bebida que deixa certo sabor tostado na lingua e que percorreu a miña gorxa como fogo ardente, tiña uns dezaoito anos e se non lembro mal, foi unha fermosa noite de verán, do mes de xullo, no camping de Cobas "As Cabazas"...

¿Se gustoume? Noooon, que va... Pois claro! Como diría o noso colega Arguiñano "rico, rico" ; ) Por suposto recomendoa, e creo que o mellor día pra bebela é a noite San Xoan, ainda que se cadra, calqueira día é bo, conste. ; )

A continuación déixovos o famoso conxuro que sempre que o leo non podo evitala miña pel de galiña...
Moitos Bicos e a disfrutar por sempre da nosa máxica queimada! 

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.

¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

jueves, 15 de abril de 2010

ESTOU NAMORADA!! E ME SENTO A MULLER MÁIS FELIZ DO MUNDO MUNDIAL!! ;)

Pasaron uns meses dende a apertura deste blog. E non parecíame xusto telo tan abandoado. Polo que pensei que sería boa idea comezar cunha entrada adicada ó amor. ¿Por que?... Deica seguro cavilaredes que ten moito que ver co meu estado persoal e anímico, e non vos equivocades, non...

Si, estou namorada e por primeira vez na miña vida podo berralo ós catro ventos. ESTOU NAMORADA!! E ME SENTO A MULLER MÁIS FELIZ DO MUNDO MUNDIAL!! ;)

Entendo que é moi  difícil deterse a explicar un sentimento as veces tan, tan... non sei como dicilo... En fin, que non atopo a palabra... ;)

 Un sentimento que moitas persoas (entre as que eu mesma atopábame ata ben pouco) pensan e coinciden en que non existe. Que o amor, como tal, non existe. Que as medias laranxas, non existen. Que as almas xemelgas, tampouco existen.  E que o home e a muller perfecta, non existe...

Pois ben, eu veño pra dicir que si existen, o amor, as almas xemelgas, as medias laranxas, a peza que nos falta pra completar o puzle, as costeliñas de Adan e tódolo demáis... O que pasa é que aparecen cando un menos o agarda e nos lugares e rincóns que nin por asomo imaxinaría.

Creo que a maioría das veces cometemos o erro de confundilos sentimentos, de non saber interpretalos coma é debido, de mesturar términos, de non fixarnos nos pequenos detalles do outro (que a fin de contas son os máis importantes ó longo dos anos)... Cando non observamos ben a nosa parella, é cando todo se troca. Cando nos damos de conta que non temos nada que ver con ese raro ser que temos a nosa veira, que é un auténtico descoñecido, ademáis dun idiota terminal.

Por iso, se non hai amor entre dous, o mellor e romper e non vivir nun conto de trola. A vida é bonita dabondo para desperdiciala tontamente cunha persoa que de sobras sabes que non te quere e que te menosprecia físicamente.

Por que? Porque o amor existe. E sen non o atopades, é mellor estar so que mal acompañado.

Pra saber se verdadeiramente sentides amor por esa persoa, é tan sinxelo coma mirarlle ós ollos e sentir o magnetismo da súa mirada, os formigueos da sangue cun bico seu, o erizar da pel tras recibir unha caricia, unha aperta... E que pase o tempo e iso continúe...

Ainda que hai quen di que a chama do amor vaise volvendo cada vez máis pequeniña có paso dos anos... Eu creo que se é o verdadeiro, a media laranxa, a ialma xemelga... O fogo, dura pra sempre, eternamente, infinito...

Miña nai tiña moita razón... "Nunca cases cun home de fora, tí cun galego"... Por fin, despois de  once anos,  fíxenlle caso. :)





sábado, 20 de febrero de 2010

FERROL dende o ceo.

viernes, 19 de febrero de 2010

Presentación

Benvidos a este novo espazo de maxia, de lendas, da miña Galiza do corazón...

A verdade é que non tiña claro se levar a cabo este proxecto de blog, máis que nada porque con un xa teño dabondo.

Pero onte quedei abraida, cando vin que xa tiña un seguidor, aínda, sen ter nada publicado. E iso foi máis que suficiente para rematar coas dúbidas que estábanme a volver tola a cabeza.

Así que aquí estou, Ra para vos, tamén en galego.

E cavilaredes... E que tipo de cousas tratará ésta nesta outra veira de blogger?
Pois ben,  tratarei soamente de cousas típicas galegas. Sexan lendas, contos, música, lugares máxicos, tradicións, costumes, festas, gastronomía, supersticións, cultura celta, etc etc...

Agardo que vos guste.

Unha aperta e moitos bicos.

E para comezar, preséntovos a miña cidade, a terra onde nacín.