jueves, 29 de abril de 2010

17 de maio de 2010... Homenaxe a Uxío Novoneyra.


17 de maio de 2010... Uxío Novoneyra. ( Parada de Moreda, Courel, 19 de enero de 1930- Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1999)

Eu non coñecía a obra deste mestre das letras da nosa lingua (mal!  moi mal, Keliña!)
Por iso ésta é unha das cousas pola que gústame celebrar un día tan especial para a literatura galega, porque as veces, escritores da terra pasan desapercibidos, camuflados entre tantos e tantos autores sen que nos demos de conta.
 A súa "Letanía de Galicia" pon os pelos de punta! Bicos pra tod@s e Feliz Día das Letras Galegas!!

domingo, 25 de abril de 2010

QUEIMADA GALEGA


A queimada galega é unha bebida feita a base de auga ardente, grans de café, zucre branca e mondas de limón. É imprescindible ter un recipiente de barro pra facela.  Engadimos nel  os ingredentes, prendémola lume e cun cazo tamén de barro o outro calqueira,  removémolos ben, moi lentamente ata que xa remate de consumirse a zucre por completo. Mentres se remove é cando comeza o ritual de recitalo conxuro. 

O conxuro, hai que recitalo ó mesmo tempo que se vai facendo a brebaxe.  Sen dúbida, o mellor método pra purificala nosa ialma e combatilo mal de ollo, xa sabedes... "Meigas fora" ; ) 

Si, si... Nos sempre coas nosas cousas, lendas e supersticións, pero cavilade que iso é o máis fermoso da nosa terra, tódalas historias que podemos contarvos. Polo menos eu penso así, claro que eu son unha adicta dos misterios.

A primeira vez que os meus beizos rozaron unha cunquiña de barro rechea desta máxica e purificadora bebida quente, bebida que deixa certo sabor tostado na lingua e que percorreu a miña gorxa como fogo ardente, tiña uns dezaoito anos e se non lembro mal, foi unha fermosa noite de verán, do mes de xullo, no camping de Cobas "As Cabazas"...

¿Se gustoume? Noooon, que va... Pois claro! Como diría o noso colega Arguiñano "rico, rico" ; ) Por suposto recomendoa, e creo que o mellor día pra bebela é a noite San Xoan, ainda que se cadra, calqueira día é bo, conste. ; )

A continuación déixovos o famoso conxuro que sempre que o leo non podo evitala miña pel de galiña...
Moitos Bicos e a disfrutar por sempre da nosa máxica queimada! 

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.

¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

jueves, 15 de abril de 2010

ESTOU NAMORADA!! E ME SENTO A MULLER MÁIS FELIZ DO MUNDO MUNDIAL!! ;)

Pasaron uns meses dende a apertura deste blog. E non parecíame xusto telo tan abandoado. Polo que pensei que sería boa idea comezar cunha entrada adicada ó amor. ¿Por que?... Deica seguro cavilaredes que ten moito que ver co meu estado persoal e anímico, e non vos equivocades, non...

Si, estou namorada e por primeira vez na miña vida podo berralo ós catro ventos. ESTOU NAMORADA!! E ME SENTO A MULLER MÁIS FELIZ DO MUNDO MUNDIAL!! ;)

Entendo que é moi  difícil deterse a explicar un sentimento as veces tan, tan... non sei como dicilo... En fin, que non atopo a palabra... ;)

 Un sentimento que moitas persoas (entre as que eu mesma atopábame ata ben pouco) pensan e coinciden en que non existe. Que o amor, como tal, non existe. Que as medias laranxas, non existen. Que as almas xemelgas, tampouco existen.  E que o home e a muller perfecta, non existe...

Pois ben, eu veño pra dicir que si existen, o amor, as almas xemelgas, as medias laranxas, a peza que nos falta pra completar o puzle, as costeliñas de Adan e tódolo demáis... O que pasa é que aparecen cando un menos o agarda e nos lugares e rincóns que nin por asomo imaxinaría.

Creo que a maioría das veces cometemos o erro de confundilos sentimentos, de non saber interpretalos coma é debido, de mesturar términos, de non fixarnos nos pequenos detalles do outro (que a fin de contas son os máis importantes ó longo dos anos)... Cando non observamos ben a nosa parella, é cando todo se troca. Cando nos damos de conta que non temos nada que ver con ese raro ser que temos a nosa veira, que é un auténtico descoñecido, ademáis dun idiota terminal.

Por iso, se non hai amor entre dous, o mellor e romper e non vivir nun conto de trola. A vida é bonita dabondo para desperdiciala tontamente cunha persoa que de sobras sabes que non te quere e que te menosprecia físicamente.

Por que? Porque o amor existe. E sen non o atopades, é mellor estar so que mal acompañado.

Pra saber se verdadeiramente sentides amor por esa persoa, é tan sinxelo coma mirarlle ós ollos e sentir o magnetismo da súa mirada, os formigueos da sangue cun bico seu, o erizar da pel tras recibir unha caricia, unha aperta... E que pase o tempo e iso continúe...

Ainda que hai quen di que a chama do amor vaise volvendo cada vez máis pequeniña có paso dos anos... Eu creo que se é o verdadeiro, a media laranxa, a ialma xemelga... O fogo, dura pra sempre, eternamente, infinito...

Miña nai tiña moita razón... "Nunca cases cun home de fora, tí cun galego"... Por fin, despois de  once anos,  fíxenlle caso. :)