miércoles, 18 de diciembre de 2013
A Doncela do Castro
Publicado por Kela en miércoles, diciembre 18, 2013 0 comentarios
Etiquetas: Castelos, Castros, Celtas, Lenda, Miña Terra
jueves, 14 de noviembre de 2013
A lenda da Santa Compaña
Para protexerse da Santa Compaña o mellor é afastarse do seu camiño, debuxar un círculo no chan, meterse dentro del deitándose boca abaixo, pregar sen levantala mirada e endexamais ficala vista neles...
Publicado por Kela en jueves, noviembre 14, 2013 0 comentarios
Etiquetas: Lenda, Miña Terra, Santa Compaña
jueves, 12 de abril de 2012
O Castelo da Fame
A pouca distancia da torre de Pontedeume, en San Cosme de Andrade, atópase este pequeno castelo de lenda. A súa historia está intimamente ligada a Fernan Perez de Andrade, o conde que ordeou a súa construción despois de recibir o territorio cedido polo rei de Castela, Enrique II Trastamara, en gratitude polo apoio durante a guerra civil contra o seu irmán Pedro I o Cruel.
Din que a un mordomo da corte, coidador das terras do Conde, ou alcalde coa autoridade suficiente para tomar a lei nas súas propias mans, medroulle a sospeita da relación que mantiña un paxe chamado Mauro coa máis fermosa das doncelas, moza da que tamén el estaba namorado. O malvado home impulsado polos celos, secuestrou á parella coa axuda dos seus escudeiros e encerrounos nos alxubes do castelo ata deixalos morrer de fame.
Certo día Mauro logrou ceibarse das cadeas que o apresaban e agardou a chegada do moro Zaib, o carcereiro que baixaba ós alxubes de cando en vez para darlles algo de comer. Despois de enfrentarse a el e darlle morte, tentou de buscalas chaves para liberar a súa amada, pero non logrou atopalas. O alcalde sorprendeuno e cheo de ira ordeou emparedar a Mauro maila súa doncela, condeandoos a unha morte segura entre os muros do castelo.
Uns anos máis tarde, o alcalde foi ferido de morte e por temor ao seu castigo divino confesoulle ó Conde o atroz crime que cometera coa xoven parella. O seu señor que o escoitou aterrado, agarrou o seu coitelo e arrebatoulle a vida o infame asasino como vinganza por ter matado o seu fillo bastardo Mauro.
Inmediatamente o Conde correu ós alxubes do castelo para liberar ós amantes, pero pouco puido facer por eles mais que soterralos xuntos, xa que morreran abrazados de fame.
Publicado por Kela en jueves, abril 12, 2012 3 comentarios
Etiquetas: Lenda, Miña Terra
viernes, 16 de diciembre de 2011
Un OVNI en Ferrol...
Publicado por Kela en viernes, diciembre 16, 2011 3 comentarios
Etiquetas: Miña Terra, Supersticións
jueves, 26 de mayo de 2011
A Lenda do Pozo dos Doncés
Publicado por Kela en jueves, mayo 26, 2011 1 comentarios
Etiquetas: Ferrol-Ortegal, Lenda, Miña Terra
martes, 19 de abril de 2011
"Xudas Iscariote" Cantigas de Escarnio e Maldecir de CELSO EMILIO FERREIRO
Publicado por Kela en martes, abril 19, 2011 0 comentarios
Etiquetas: Letras
lunes, 18 de octubre de 2010
A Lenda das Tres Doncelas Transparentes
A vila, medraba cada vez máis e a influencia do mercado local era importante. Esta opulencia, por desgraza, tamén chamou a atención dos malvados piratas que de cando en vez, asaltaban a cidade por sorpresa, provocando moito mal e facendo dano á poboación.
A consecuencia das continuas incursións dos malvados piratas, construiuse un castelo fortaleza enriba do monte para protexer así a terra. A vila encheuse de súpeto de valentes cabaleiros e soldados.
Era coñecida nos arredores da provincia a gran beleza das mulleres daquelas terras encantadas. Pero só tres doncelas destacaban entre todas. Tres fermosas doncelas, atractivas e elegantes que parecían non pertencer a este mundo... Ninguén coñecía do seu pasado e orixe... Ninguén sabía como chegaran á vila... As súas figuras, case etéreas, habitaban nun palacio a carón do mar. Nel celebraban festas, banquetes e bailes eternos...
Certo día, o Alcaide do castelo dos Andrade, comezou a preocuparlle tal asunto das doncelas transparentes. Tanto os oficiais coma os soldados comezaban a chegar tarde as súas vixilancias e non rendían co seu traballo como de costume. De este xeito, a cidade non quedaba ben protexida e aquilo ó Alcaide non lle gustaba en absoluto.
Desesperado, foi na busca dun ermitaño que tiña fama de mago e sabio, de curandeiro e conxurador. O home xa ancián, vivía nunha humilde cabana escondida no máis recóndito lugar da fraga do Eume.
O ermitaño, xusto despois de que o preocupado Alcaide lle falara do percance, dixo: "Coñezo ben os espíritos de esas tres doncelas malignas que apodrecen ós homes ea cidade entenira, enviadas dende as entrañas máis escuras da terra... Xa pouco se pode facer... A vila quedou maldita, meu amigo"... "Déixame cavilar"...
Tras un longo silencio o mago ermitaño volveu falar... "Escóiteme ben señor Alcaide, agora váiase, péchese dentro da fortaleza e non saía de alí en tódala noite"...
Cando o Alcaide marchou, o mago colleu a súa pola de maceira con forma de gaiada ( que posuía grandes poderes para atopar augas subterráneas) e subiuse enriba dunha pena dende onde se ollara ben a vila. Nunha extraña lingua, pronunciou unhas palabras... As palabras dun máxico conxuro.
O vento comezou a soprar con moita forza, mentres que do ceo caía a choiva coma se fosen chuzos de punta. Aquela noite de tormenta, chovía sobre a cidade coma nunca antes tivese chovido... E non parou ata que espertou o día.
A mañá seguinte, chegou a calma á comarca do Eume e saiu o Sol resplandecente tras as verdes montañas. O Alcaide apresa, subiu ata a torre do homenaxe para comprobar que fora o que ocorrera...
O home, espantado, divisou coma no lugar onde antes estaban as casas, os palacios e o porto ahora, tan só había unha grande extensión de auga...
Publicado por Kela en lunes, octubre 18, 2010 3 comentarios
Etiquetas: Lenda, Supersticións