A vila, medraba cada vez máis e a influencia do mercado local era importante. Esta opulencia, por desgraza, tamén chamou a atención dos malvados piratas que de cando en vez, asaltaban a cidade por sorpresa, provocando moito mal e facendo dano á poboación.
A consecuencia das continuas incursións dos malvados piratas, construiuse un castelo fortaleza enriba do monte para protexer así a terra. A vila encheuse de súpeto de valentes cabaleiros e soldados.
Era coñecida nos arredores da provincia a gran beleza das mulleres daquelas terras encantadas. Pero só tres doncelas destacaban entre todas. Tres fermosas doncelas, atractivas e elegantes que parecían non pertencer a este mundo... Ninguén coñecía do seu pasado e orixe... Ninguén sabía como chegaran á vila... As súas figuras, case etéreas, habitaban nun palacio a carón do mar. Nel celebraban festas, banquetes e bailes eternos...
Certo día, o Alcaide do castelo dos Andrade, comezou a preocuparlle tal asunto das doncelas transparentes. Tanto os oficiais coma os soldados comezaban a chegar tarde as súas vixilancias e non rendían co seu traballo como de costume. De este xeito, a cidade non quedaba ben protexida e aquilo ó Alcaide non lle gustaba en absoluto.
Desesperado, foi na busca dun ermitaño que tiña fama de mago e sabio, de curandeiro e conxurador. O home xa ancián, vivía nunha humilde cabana escondida no máis recóndito lugar da fraga do Eume.
O ermitaño, xusto despois de que o preocupado Alcaide lle falara do percance, dixo: "Coñezo ben os espíritos de esas tres doncelas malignas que apodrecen ós homes ea cidade entenira, enviadas dende as entrañas máis escuras da terra... Xa pouco se pode facer... A vila quedou maldita, meu amigo"... "Déixame cavilar"...
Tras un longo silencio o mago ermitaño volveu falar... "Escóiteme ben señor Alcaide, agora váiase, péchese dentro da fortaleza e non saía de alí en tódala noite"...
Cando o Alcaide marchou, o mago colleu a súa pola de maceira con forma de gaiada ( que posuía grandes poderes para atopar augas subterráneas) e subiuse enriba dunha pena dende onde se ollara ben a vila. Nunha extraña lingua, pronunciou unhas palabras... As palabras dun máxico conxuro.
O vento comezou a soprar con moita forza, mentres que do ceo caía a choiva coma se fosen chuzos de punta. Aquela noite de tormenta, chovía sobre a cidade coma nunca antes tivese chovido... E non parou ata que espertou o día.
A mañá seguinte, chegou a calma á comarca do Eume e saiu o Sol resplandecente tras as verdes montañas. O Alcaide apresa, subiu ata a torre do homenaxe para comprobar que fora o que ocorrera...
O home, espantado, divisou coma no lugar onde antes estaban as casas, os palacios e o porto ahora, tan só había unha grande extensión de auga...